EMPANADAS DE OUTONO

Hai sabores que non precisan mirar o calendario para saber que chegou o outono.

As castañas volven á cociña, os cogomelos atopan o seu sitio nos pratos quentes e a mazá lémbranos que tamén hai estacións que saben mellor cando rematan con algo doce.

En Manxares Gallegos reunimos eses sabores na nosa selección de empanadas artesás de outono, elaboradas baixo pedido para que poidas levar á mesa algo máis ca unha empanada: unha desas comidas que comezan arredor dun prato e rematan alongando a sobremesa.

Podes escoller entre a empanada de castañas, chourizo e panceta, con ese contraste entre o sabor da castaña e o carácter dos embutidos, ou a empanada de cogomelos, unha alternativa vexetal para quen prefire os sabores máis sinxelos desta época do ano.

E despois vén a sobremesa.

Porque se o outono comeza con castañas ou cogomelos, por que non rematalo con mazá?

A nosa empanada doce de mazá Golden, preparada con masa de follado, está pensada precisamente para compartir despois da comida, acompañar o café ou gardar ese último anaco para cando todos din que xa non poden comer máis.

Unha mesa de outono e os portes pola nosa conta

Escolle a túa empanada salgada e engade a de mazá para a sobremesa:

🌰 Castañas, chourizo e panceta + 🍎 Mazá: 69 €
🍄 Cogomelos + 🍎 Mazá: 62 €

O envío normal é gratuíto a partir de 65 €. Por iso, coa combinación de castañas e mazá xa terás os portes incluídos.

Se prefires cogomelos e mazá, o pedido suma 62 €. Podes engadir, por exemplo, un dos nosos pans galegos artesáns desde 3 € e chegar aos 65 € necesarios para gozar tamén do envío normal gratuíto.

Non precisas ningún código nin cupón. Escolle o que queres poñer na túa mesa e, ao chegar aos 65 €, o envío normal descontarase automaticamente.

Do forno á túa mesa para gozar da fin de semana

Cada empanada prepárase baixo pedido, porque detrás dela hai tempo, mans e un forno que non entende de présas.

Se queres tela na casa para a fin de semana, lembra facer o teu pedido antes do xoves ás 09:00 para recibilo o venres.

Porque talvez o outono se anuncie nas árbores, nos días que se fan máis curtos ou nas primeiras chaquetas.

Pero en Galicia tamén sabemos recoñecelo cando senta á mesa. 🍂

Filtros activos