Tres formas de saborear Galicia a través dunha das súas combinacións máis recoñecibles: o polbo dentro dunha empanada artesá.
Nesta selección reunimos tres maneiras diferentes de gozalo: a empanada de polbo clásica, a de polbo con queixo Arzúa-Ulloa e a nova empanada de polbo con masa de millo.
Cada unha ten a súa propia personalidade. Unha lévanos a un sabor máis tradicional, outra une mar e terra e a terceira recupera o carácter dunha masa de millo máis rústica e ligada á nosa cociña.
Todas se elaboran artesanalmente e baixo pedido en Galicia, co coidado e o tempo que buscamos nos produtos que forman parte de Manxares Gallegos.
Escolle a que máis se pareza á túa maneira de saborear Galicia.
Durante setembro, con calquera destas tres empanadas poderás engadir unha bica artesá por 25 €. Prezo habitual: 36 €.