Empanada de castañas, chourizo e panceta
Hai sabores que anuncian o outono. E a castaña é un deles. 🌰
A nosa empanada galega de castañas, chourizo e panceta combina o sabor suave e lixeiramente doce da castaña coa intensidade do chourizo e da panceta, envoltos nunha masa elaborada artesanalmente e cocida en forno de leña.
Unha empanada preparada baixo pedido para levar á mesa un deses sabores que en Galicia nos lembran o outono, o magosto e as xuntanzas arredor da comida.
Dispoñible en 1 kg e 1,5 kg, con envío refrixerado á España peninsular.
Galicia sabe a outono.